Educación sanitaria para a prevención das LESCAH

0 comentarios comentarios

Educación sanitaria para a prevención das LESCAH

...

O obxectivo da educación sanitaria (ED) é que os pacientes afectados de LESCAH, ou en risco de padecelas; así como as súas familias e coidadores, sexan suxeitos activos na prevención e tratamento deste tipo de lesións para lograr unha maior independencia no mantemento e/ ou mellora da súa propia calidade de vida. Unha correcta ED favorece a prevención e o tratamento das lesións. Tamén, é importante que os profesionais aprendan a diferenciar este tipo de lesións doutras para, precozmente, estar en disposición de identificar o risco e aplicar adecuadamente as medidas de prevención e tratamento.

Está demostrado que a ED favorece a implicación do paciente e os coidadores principais na prevención e tratamento; xa que, actúan de apoio para mellorar a toma de decisións dos profesionais sanitarios que tratan as LESCAH. Constituíndo esta, a medida preventiva máis efectiva, barata e eficaz.
 

Os programas de ED deben ser estruturados e adaptados ás características individuais de cada paciente (previa valoración das súas capacidades). En todos os ámbitos sanitarios, débese contar cun programa de educación sanitaria para previr a aparición destas lesións (talleres, folletos?), que inclúa: Coñecementos básicos sobre a etiología, fisiopatología, factores de risco, coidados para previr a súa aparición, repercusións que leva a súa aparición, detección precoz das lesións e actuación ante a súa aparición. É por tanto prioritario, elaborar guías de práctica clínica que inclúan recomendacións para o coidado que a impliquen as opinións, preferencias e expectativas do paciente e do coidador principal.

Os profesionais da saúde dispoñemos de diversas intervencións educativas que fan posible o deseño de estratexias preventivas para reducir e / ou eliminar o risco das lesións por humidade, así como promover a ED para facilitar o autocuidado do paciente. Algunhas das técnicas educativas máis eficaces, segundo a evidencia científica serían:
 

Técnicas educativas e instructivas :

Están constituídas por estratexias de coidados orientadas cara a aqueles individuos dependentes que precisan axuda dun coidador. As estratexias recomendadas son: ensino sobre unha adecuada limpeza e hixiene corporal, correcta aplicación das terapias tópicas, etc.

Técnicas conductuales-educativas e rehabilitadoras:

Son técnicas recomendadas naqueles pacientes / individuos que son receptivos para o seu autocuidado. Son terapias de reforzo positivo que consisten en adestramentos vesicales, rehabilitación do chan pelviano, medida hixiénico-dietéticas, etc.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde